Oralmente pola boca

Oralmente pola boca

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483021583
ISBN:
978-84-8302-158-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

13,50 €

Despues:

12,83 €
IVA incluido

Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades,  nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común.Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de " Extenuación " ata o " Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo.Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e  de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.

Otros libros del autor en Zaracopy

  • Materia prima -5%
    Titulo del libro
    Materia prima
    Aleixandre, Marilar;Alonso, Fran;Angueira, Anxo;Bieito Iglesias, Araúxo;Borrazás, Xurxo;Caneiro, Xosé Carlos;Cid Cabido, Xosé;Lourenzo, Ramón;Miranda,
    Xerais
    Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea....
    No disponible

    16,85 €16,01 €

  • Panificadora -5%
    Titulo del libro
    Panificadora
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    No disponible

    14,35 €13,63 €

  • Copenhague -5%
    Titulo del libro
    Copenhague
    VILA, ANDRES A. / CID CABIDO, XOSE
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

  • O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS -5%
    Titulo del libro
    O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS
    CID CABIDO, XOSE
    Edicions xerais de galicia
    No disponible

    11,00 €10,45 €

  • Oralmente por la boca -5%
    Titulo del libro
    Oralmente por la boca
    Cid Cabido, Xosé
    Faktoria k de libros
    Esta carta le ha sido enviada para traerle suerte. El ori ginal se encuentra en Nueva Inglaterra. Ha dado tres ...
    No disponible

    17,00 €16,15 €

Xerais en Zaracopy