Guía das libelulas de Galicia

Guía das libelulas de Galicia

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630929
Año de edición:
Materia
BIOLOGIA Y GEOLOGIA
ISBN:
978-84-92630-92-9
Páginas:
208
Idioma:
GALEGO
Ancho:
70
Alto:
100
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA

Descuento:

-5%

Antes:

38,20 €

Despues:

36,29 €
IVA incluido
Comprar

Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros ou candís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse a estas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula e libeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde Odonata e denominados como odonatos. A guía ofrece unha introdución á bioloxía e ecoloxía das libélulas, que serviu para aumentar e revolucionar, en certos aspectos, estas ciencias nos seus mesmos fundamentos. Asemade, facilita a identificación das libélulas mediante  a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos, e algo de paciencia, e busca, ao tempo, servir de guía de campo para os naturalistas que queiran identificar as diferentes especies de libélulas de Galicia, atendendo as formas adultas. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é  previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de  tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor. O obxectivo último, e talvez o máis importante, é aumentar o número de  naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e  conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos  onde se reproducen.

Otros libros del autor en Zaracopy

Materia en Zaracopy

Baia en Zaracopy

  • laica:a cadela
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    laica:a cadela
    AA.VV
    Baia
    A cadela Laica sempre está axudando a todas as súas amigas e todos os seus amigos. Pero farán o mesmo por el...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    7,50 €7,13 €

  • As divindades menores -5%
    Titulo del libro
    As divindades menores
    De Cal Cortina, Matilde
    Baia
    Segundo dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os Tit...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    3,74 €3,55 €

  • Lingua e literatura galega 1ºbacharelato
    Titulo del libro
    Lingua e literatura galega 1ºbacharelato
    Gonzalez Avion, Isabel
    Baia
    Os contidos do presente libro diferéncianse en cinco bloques, a cada un dos cales, para a súa mellor e máis ...
    No disponible

    34,50 €

  • Baixo terra -5%
    Titulo del libro
    Baixo terra
    Nº 4
    Bartíková, Petra
    Baia
    O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • OS ANIMAIS DA GRANXA -5%
    Titulo del libro
    OS ANIMAIS DA GRANXA
    AA.VV
    Baia
    A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. ...
    No disponible

    11,65 €11,07 €