Feminismos

Feminismos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499145006
Año de edición:
Materia
SOCIOLOGIA
ISBN:
978-84-9914-500-6
Páginas:
296
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

25,95 €

Despues:

24,65 €
IVA incluido
Comprar

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras  e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga  Unión Soviética, China, India ou Africa subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a  discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas  que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Materia en Zaracopy

Xerais en Zaracopy

  • O tren fantasma -5%
    Titulo del libro
    O tren fantasma
    Oruña, María
    Xerais
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O t...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €11,88 €

  • O Reino en perigo -5%
    Titulo del libro
    O Reino en perigo
    Brennan, Herbie
    Xerais
    Henry visita o Reino dos Elfos por terceira vez, pero alí todo é diferente. Holly Blues está á fronte do Re...
    No disponible

    18,35 €17,43 €

  • Paulo e Virxinia -5%
    Titulo del libro
    Paulo e Virxinia
    Bernardin de Saint-Pierre, Henri
    Xerais
    Paul et Virginie foi publicada por vez primeira o ano 1784 en París acadando axiña unha grande popularidade.B...
    No disponible

    7,25 €6,89 €

  • Espérame -5%
    Titulo del libro
    Espérame
    Perozo, Xosé A.
    Xerais
    Lola, propietaria da santiaguesa boite "Toulouse Lautrec", conta cada noite sobre o escenario o que foi a súa ...
    No disponible

    23,95 €22,75 €

  • Meu pai é estupendo -5%
    Titulo del libro
    Meu pai é estupendo
    Butterworth, Nick
    Xerais
    No disponible

    7,00 €6,65 €