Feijóo. Biografía dun farsante
 IBD

Feijóo. Biografía dun farsante

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876465
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8487-646-5
Páginas:
316
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
FORA DE SERIE

Descuento:

-5%

Antes:

24,95 €

Despues:

23,70 €
IVA incluido
Comprar

Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un  farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos.
Feijoo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como "letal" a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza la estabilidad". Feijoo é un "marxista" (de Groucho Marx) convencido: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".
O libro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijoo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta  é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin  no Estado, así de claro.

Otros libros del autor en Zaracopy

Materia en Zaracopy

Laiovento (ibd) en Zaracopy

  • Cumes Torboentos
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Cumes Torboentos
    Emily Brontë
    Laiovento (ibd)
    "Wuthering Heights"" ou "Cumes Torboentos", na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €22,75 €

  • MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM.
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM.
    ROBERTO SAMARTIM LÓPEZ-IGLESIAS
    Laiovento (ibd)
    Este trabalho aborda o funcionamento do sistema cultural galego na passagem do franquismo para a regime autonó...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    33,60 €31,92 €

  • Fin de festa
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Fin de festa
    Varela Puñal, Diana
    Laiovento (ibd)
    Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,60 €10,07 €

  • Socialismo en Europa 2020
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Socialismo en Europa 2020
    Xabier Pérez Davila
    Laiovento (ibd)
    Título: Socialismo en Europa 2020.Subtítulo: Unha ambiciosa proposta socialista, feminista e ecolóxica.A des...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    39,95 €37,95 €

  • Ao voso gusto - Medida por Medida
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Ao voso gusto - Medida por Medida
    William Shakespeare
    Laiovento (ibd)
    Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta  índole que son boa mostra da amplitu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €17,05 €