Dúas letras

Dúas letras

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654325
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-432-5
Páginas:
48
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
245
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
VARIOS

Descuento:

-5%

Antes:

21,00 €

Despues:

19,95 €
IVA incluido
Comprar

Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con  director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?), o texto literario, e dous traballos sobre a emigración galega a América,  a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre  as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro. Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera  a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza.  Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada. A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. Neste 2012, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta: "porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do  seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis  cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou  o xurado: "por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida".A película de Eloy Varela, e máis o texto literario de Fina Casalderrey que a inspirou

Galaxia en Zaracopy

  • O zoolóxico -5%
    Titulo del libro
    O zoolóxico
    Losantos Sistach, Cristina
    Galaxia
    12 páxinas desplegables ao longo das que se presentan grandes escenarios,do zoolóxico, neste título e todas ...
    No disponible

    9,76 €9,27 €

  • SEÑORITO DA REBORAINA, O (BN) -5%
    Titulo del libro
    SEÑORITO DA REBORAINA, O (BN)
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Galaxia
    Entre as hortensias de Portugal e a Rúa Nova (1960), considerada unha das obras mestras da novela galega, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,65 €22,47 €

  • Croco -5%
    Titulo del libro
    Croco
    Nº 60
    Alonso Gasalla, Irene
    Galaxia
    Croco naceu sen un só dente! E, malia ser algo pouco corrente, pronto vai descubrir, xunto con catro amigos mo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €15,68 €

  • Xoguetes para un tempo prohibido -5%
    Titulo del libro
    Xoguetes para un tempo prohibido
    Casares, Carlos
    Galaxia
    E esta a décima edición de Xoguetes para un tempo prohibido desde que no ano 1975 se edita a primeira. Unha n...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €15,11 €

  • A fama -5%
    Titulo del libro
    A fama
    Kehlmann, Daniel
    Galaxia
    Co ritmo vivo e a habelencia narradora que xa amosara en A medición do  mundo, Daniel Kehlmann compón desta v...
    No disponible

    18,90 €17,96 €