BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

Editorial:
Baia
EAN:
9788496893450
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-96893-45-0
Páginas:
128
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
RETALLOS NOSA HISTORIA

Descuento:

-5%

Antes:

11,06 €

Despues:

10,51 €
IVA incluido
Comprar

Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos de maior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente.
 
 Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai na axuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten un momento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas, dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos por xunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuración dos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron. 
 
 O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seu contexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se pode negar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seu traballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto de partida queremos percorrer a cidade; queremos ver nela o que queda do que foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e por baixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que a modernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.

Materia en Zaracopy

Baia en Zaracopy