As últimas galerías

As últimas galerías

Nº:
337
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656190
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páginas:
404
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

18,50 €

Despues:

17,58 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
 Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías  últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar  as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas  nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
 O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións,  pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a  liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir  reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é  efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Otros libros del autor en Zaracopy

  • BERTA -5%
    Titulo del libro
    BERTA
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Chan da polvora
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €9,50 €

  • Un home impuntual -5%
    Titulo del libro
    Un home impuntual
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría d...
    No disponible

    13,25 €12,59 €

  • O libro dos cen poemas -5%
    Titulo del libro
    O libro dos cen poemas
    Alvarez Cáccamo, Xosé María / Núñez Alvarez, Marisa
    Espiral maior, s.l.
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,00 €19,95 €

  • Vento de sal -5%
    Titulo del libro
    Vento de sal
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Xosé María Alvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en sux...
    No disponible

    14,30 €13,59 €

  • Colección de espellos -5%
    Titulo del libro
    Colección de espellos
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

    6,00 €5,70 €

Materia en Zaracopy

Galaxia en Zaracopy

  • Dos arquivos do trasno -5%
    Titulo del libro
    Dos arquivos do trasno
    Dieste, Rafael
    Galaxia
    "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta...
    No disponible

    13,00 €12,35 €

  • Pan e coitelo -5%
    Titulo del libro
    Pan e coitelo
    Iglesias, Bieito
    Galaxia
    Esta nouvelle de Bieito Iglesias contén un relato policial (con crime perfecto), estampas políticas do fragui...
    No disponible

    16,75 €15,91 €

  • Fascinio -5%
    Titulo del libro
    Fascinio
    Pato, Chus
    Galaxia
    En Fascinio, coma nun movemento dialéctico, a poesía establece primeiro a necesidade doutra linguaxe para log...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • OS LARGOS E LONGOS CAMPOS DE LIÑO AZUL -5%
    Titulo del libro
    OS LARGOS E LONGOS CAMPOS DE LIÑO AZUL
    Nº 382
    Xubín, Isaac
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,55 €19,52 €

  • Popocatéptl -5%
    Titulo del libro
    Popocatéptl
    AA.VV
    Galaxia
    As lendas dos indios de Sudamérica, coma a dos indios do norte, inspiran un profundo respecto pola natureza. P...
    No disponible

    7,30 €6,94 €