ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA

ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210900
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9121-090-0
Páginas:
360
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
165
Alto:
245
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

31,50 €

Despues:

29,93 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra  e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da  creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral,  interdisciplinar, transversal e aberta.
 " Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os  partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar  da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MÉNDEZ FERRÍN

Materia en Zaracopy

Xerais en Zaracopy

  • A memoria de Vilagarcía -5%
    Titulo del libro
    A memoria de Vilagarcía
    Díaz Martínez, Carlos / García Seixas, Manuel
    Xerais
    O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, ma...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • Poesía galega completa Ramón Cabanillas -5%
    Titulo del libro
    Poesía galega completa Ramón Cabanillas
    Cabanillas, Ramón
    Xerais
    Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María  Dobarro, reúne todos os poemarios...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    38,95 €37,00 €

  • Poesía galega: Crítica e metodoloxía -5%
    Titulo del libro
    Poesía galega: Crítica e metodoloxía
    Rodríguez Fer, Claudio
    Xerais
    Poesía galega expón críticamente principios teóricos e metodolóxicos da análise literaria aplicados a aut...
    No disponible

    15,90 €15,11 €

  • Premio 1998 de relato e poesía da Universidade de Vigo -5%
    Titulo del libro
    Premio 1998 de relato e poesía da Universidade de Vigo
     
    Xerais
    No disponible

    8,25 €7,84 €

  • Exogamia 0.3 -5%
    Titulo del libro
    Exogamia 0.3
    Caride, Ramón
    Xerais
    John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €