(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

29,00 €

IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Otros libros del autor en Zaracopy

Galaxia en Zaracopy

  • SANTA MORTE -5%
    Titulo del libro
    SANTA MORTE
    Nº 83
    Darriba, Manuel
    Galaxia
    A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor...
    No disponible

    14,30 €13,59 €

  • O mellor francés de Barcelona -5%
    Titulo del libro
    O mellor francés de Barcelona
    Iglesias, Bieito
    Galaxia
    Premio da Crítica de Galicia, 1999. O desexo de escapar dun mesmo e da  grisalla cotiá, de ser outro e de viv...
    No disponible

    19,40 €18,43 €

  • A ferida do vento -5%
    Titulo del libro
    A ferida do vento
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €15,20 €

  • A caca cuca -5%
    Titulo del libro
    A caca cuca
    Nº 30
    Alonso Gasalla, Irene
    Galaxia
    Poderias contar?  cantas cacas de can pisaches? Eu son a CACA CUCA,  e a min de seguro  que me e...
    No disponible

    15,20 €14,44 €

  • Spam -5%
    Titulo del libro
    Spam
    Castro, Francisco
    Galaxia
    Premio Blanco Amor 2005. Observar a vida dos demais, penetrar nos seus  pensamentos, mantelos baixo control, é...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €